Ocio en familia en Ourense

Na cidade de Ourense os vindeiros meses poderedes participar no programa Ocio en familiaTrátase de seis propostas lúdicas e culturais para familias con nenos e nenas de 4 a 14 anos. Poderedes descubrir a cidade, practicar deporte, xogar…

ACTIVIDADES
  • 29 de abril: Alimenta a saúde
    • Trátase dunha fin de semana saudable nos parques da cidade facendo exercicio e no rianxo da praza de abastos para coñecer os produtos de tempada, a súa preparación e degustación
  • 7 de maio: Mira Ourense con outros ollos
    • Consistirá en pasear pola zona antiga da cidade con visita guiada á catedral, os panteóns de galegos ilustres no cemiterio, o claustro de San Francisco e o Museo Arqueolóxico, coñecendo os recunchos para rematar con visita ao Parque ferroviario Os Carrileiros
  • 14 de maio: Xogos para compartir
    • Esta acticidade servirá para retomar os xogos de sempre e favorecer a comunicación en ambiente lúdico e ao aire libre con outras familias.
  • 21 de maio: Os camiños da auga
    • Unha ruta para coñecer os recursos termais da cidade e rematar cun baño nas termas de Outariz e desprazamento no tren turístico das Termas
  • 27 de maio: Á luz da lúa
    • Será un percorrido nocturno guiado polos arredores da cidade para observar estrelas ou simplemente para mirar a cidade desde a altura
  • 4 de xuño: Andaina sen fume
    • Coincidindo co día mundial sen tabaco, será unha andaina saudable de 10.000 pasos pola cidade

 

*Concurso de Fotografía. As familias tamén poderán participar nun concurso de fotografía, que premiará as mellores instantáneas que plasmen as experiencias compartidas nas actividades.

  • Inscrición: é gratuíta e pódese realizar ata o día 27 de abril na Concellería de Sanidade (rúa Vasco da Ponte, 1)

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorCelebramos el #DíadelLibro

Escribe un comentario