Disfraces para Halloween e Samaín

E para los más atrasados dámosvos ideas de última hora para facer os disfraces de Samaín e Halloween na casa… Sen dúbida, os disfraces caseiros son os máis bonitos e orixinais por iso vos propoñemos tirar de fondo de armario, de retais e telas bonitas. Quizáis moitos materiais xa os temos na casa e por iso vos mostramos algunhas imaxes para que vos sirvan de inspiración!

Sabedes que os tutús nos teñen tolas, xa vos mostramos algúns en máis ocasións, e a verdade é moi sinxelo facelos e quedan moi resultóns. Mirade esta cabaza que chula! Vímola en Craftpassion.

pumpkin-tutu

 

Aquí tedes outro exemplo de disfraz con tutú. Explícannos o paso a paso en Koko Designs:

disfraz con tutu

 

Este de dino/dragón é sinxelo e seguro que a os nenos lles encanta. Vímolo en Tatertots & Jello onde nos explican que precisamos para coser a cola do dinosaurio.

disfraz_dino

 

En Potter Barn Kids encontraredes disfraces e complementos preciosos. Amosámosvos estes dous, de pirata e super heroína para que vexades o sinxelos que son:

superheroina

disfraz_pirata

 

E o último encantoume e aínda que a versión é para maiores pode quedar monísimo nos peques. Podédelo ver en Keyko Lynn, un blog con ideas xeniais. Para el pantalón escuro, camisa, chaleco, tirantes e boina. Para ela camisa branca, saia negra, lazo vermello, paraugas e sombreiro… Supercalifragilísticoexpialidoso!

keyko_lynn_marypoppins

 

FOTOS: 1 | 2 | 3 |  4 | 5 | 6

Con cal vos quedades? 

 

 

 

Escribe un comentario