A galiña azul de xira por Galicia

A galiña azul é a nova proposta do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Ademais de promocionar a lingua galega é unha homenaxe ao autor a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: Carlos Casares. Unha adaptación teatral do libro de relatos homónimo escrito por Casares destinada a nenos e nenas de 6 a 10 anos e ás súas familias.

A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.

Cada familia asistente recibirá, ao finalizar a representación, un exemplar do libro de Carlos Casares A galiña azul en edición especial para a Rede de Dinamización Lingüística.

Esta actividade chegará esta primavera a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Estas son as vindeiras datas:

  • 17 de marzo | 20 horas | Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras
  • 18 de marzo | 18 horas | Local Xente Nova de Tabeaio en Carral
  • 19 de marzo | 12 horas | Centro Cultural A Fábrica de Oleiros
  • 24 de marzo | 18 horas | Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos
  • 25 de marzo | 18 horas | Auditorio Constante Liste de Teo
  • 26 de marzo | 12 horas | Casa da Cultura de Xinzo de Limia
  • 26 de marzo | 18 horas | Espazo Cultural Lorenzo Varela de Monterroso
  • 31 de marzo | 18 horas | Auditorio da Xunqueira en Redondela
  • 1 de abril | 18 horas | Casa da Cultura de Bertamiráns en Ames
  • 2 de abril | 12 horas | Casa da Cultura de Ribadavia
  • 2 de abril | 17 horas | Auditorio Municipal de Ourense
  • 8 de abril | 18 horas | Auditorio V Centenario de Baiona
  • 11 de abril | 18.30 horas | Museo Ramón María Aller de Lalín
  • 12 de abril | 18 horas | Auditorio Municipal de Cangas

Escribe un comentario