Tic tac toc de Pablo Díaz de xira

Música en familia!!! Así é o novo espectáculo de FalaRedes da man do músico Pablo DíazTic tac toc. Un concerto pensado para nenos e nenas de 0 a 7 anos e as familias, onde poderedes bailar, aprender e escoitar en directo as cancións do libro-disco do mesmo nome.

Pablo Díaz -acompañado de Diego Barral (guitarras) e de Álex Fente (acordeón)- ábrese ao mundo dende a lingua galega incorporando ritmos e sentires de Brasil, Cuba, Estados Unidos… sen abandonar os temas que conforman o universo próximo dos nosos nenos e nenas.

Poderedes desfrutar desta actividade en 19 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Os concertos son gratuitos, pero teredes que retirar os convites nos concellos correspondentes. Estas son as vindeiras datas:

  • 20 de marzo | 18 horas | Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela
  • 25 de marzo | 12.30 horas | Teatro Principal da Estrada
  • 26 de marzo | 18 horas | Auditorio Municipal de Narón
  • 1 de abril | 18 horas | Auditorio de Verín
  • 2 de abril | 18 horas | Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba
  • 9 de abril | 18 horas | Casa da Cultura de Camporrapado en Boqueixón
  • 15 de abril | 20 horas | Casa da Cultura de Palas de Rei
  • 16 de abril | 18 horas | Auditorio Municipal Ilduara de Celanova
  • 18 de abril | 18 horas | Auditorio da Casa da Cultura de Burela
  • 22 de abril | 19 horas | Casa da Cultura de Barbadás
  • 23 de abril | 12 horas | Casa da Cultura de Outeiro de Rei
  • 29 de abril |  18 horas | Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove
  • 6 de maio | 12 horas | Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas
  • 6 de maio | 20 horas | Auditorio da Casa da Cultura de Outes
  • 7 de maio | 18.30 horas | Casa da Cultura de Boiro
  • 13 de maio | 12.30 horas | Auditorio Municipal do Carballiño
  • 13 de maio | 19.30 horas | Auditorio da Casa da Cultura da Cañiza
  • 14 de maio | 12 horas | Casa da Cultura da Laracha
  • 14 de maio | 18 horas | Aula de Cultura Xulio Cuns de Betanzos
Tic tac toc (2016) é a nova proposta do música Pablo Díaz para levarnos de viaxe polo mundo. Unha proposta musical que nos mergulla en diferentes músicas e ritmos con letras cheas de paixón, alegría e moita diversión!

Escribe un comentario