Teatro e danza en Vigo

Continúa a programación familiar ao Auditorio do Concello de Vigo. Teatro, danza e espectáculos para os máis pequenos agárdannos este mes de abril:

 

O PODER DE AMABEL de PÉREZ&FERNÁNDEZ

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos, xa adultos, no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria; a infancia.

  • Dirixido a: nenos maiores de 5 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 9 de abril | 18 horas
  • Entradas: 5€

 

VALADOS DE ARTESTUDIO TEATRO

Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida até que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertelas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza do veciño… Prexuízos adultos suficientes para erguer un valado que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro. A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados. Un espectáculo no que a través da música, a meirande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección. … RAOV OAXIÉD.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 23 de abril | 18 horas
  • Entradas: 5€

 

UP2DOWN DE TRASPEDIANTE

Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular. As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu status antagónico: o alto e o baixo; a funambulista -etérea e ideal-, a paiasa -terreal e mundana-. Xunto a elas o espectador percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións até que alcanzan un punto de encontro: o equilibrio.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 55 minutos
  • 28 de abril | 21 horas
  • Entradas: 5€

 

EVA Y ADÁN DE OTRADANZA

Eva y Adán é unha adaptación do mito desde o corpo e as súas posibilidades. A primeira muller e o primeiro home míranse con curiosidade, descóbrense similares e gozan dunha vida salvaxe e idílica. Eva y Adán voan por riba de calquera cliché de sexo ou de xénero. Un espectáculo de danza actual. Danza para nenos e nenas e para toda a familia. Orixe, encontro, inxenuidade, curiosidade, descubrimento, xogo, desenvolvemento e progreso, son as bases desta peza que nos adentra na comunicación e nas relacións humanas.

  • Dirixido a: nenos maiores de 5 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 30 de abril | 18 horas
  • Entradas: 5€

 


 

ENTRADAS
  • A través da páxina web de Ticketea
  • Teléfono: 902 044 226
  • Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26) en horario de 10 a 13 e de 17 a 20h de luns a venres e de 10 a 13h os sábados
  • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)
  • ABONOS
    • ABONO Á CARTA 5. Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total
    • ABONO Á CARTA 10. Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total

 

Auditorio do Concello de Vigo Como chegar

Escribe un comentario